O voleibol toffe equipo da 2ª división feminina consigueu
este fin de semana a sua terceira victoria consecutiva da tempada, esta vez
contra un dos equipos da parte alta da clasificación, o Ellael Vigovoley por un
resultado de 3-0 (25-21, 25-14, 25-16) que como demostran os parciais, foi más
comodo do que esperaba nun primeiro momento o cuadro rianxiero.
As locais empezaron o encontro con calma, de menos a mais e
sen agobiarse, sabendo que terían que pelexar punto a punto para gañar a un
rival teóricamente superior. Pero o bo facer das rianxeiras, tanto en recepción
coma en defensa e moi atinadas en accións de ataque realizando poucos fallos
conduceunas a unha victoria nun principio inesperada, pero mais que merecida. Polo
Voleibol toffe xogaron: Mariana, Noelia, Paula, Carla, Alejandra, Andrea, Vero
(líbero) Sara, Ana e Cristina
Desta forma as rianxeiras sitúanse 6º na clasificación con 11 puntos, e
sen conformarse intentarán buscar a victoria contra un dos equipos aspirantes o
título da 2ªA que polo momento non suma ningunha derrota o UDC Autos Rico, o
próximo sábado as 11:00 no municipal de Rianxo