sábado, 3 de noviembre de 2012

Voleibol Toffe 1-3 Comercial Durán Pontevedra (27-25, 23-25, 22-25,15-25)


Terceiro partido e tarceira derrota do voleibol toffe de Rianxo, nesta nova categoría que as rapazas de Rianxo estrenan despois de ascender a tempada pasada.
            As Rianxeiras comenzaron o partido moi enchufadas, cunha defensa moi ordenada e mantendo unha tensión durante todo o set que fixo que se impuxeran 27-25. O segundo set seguía polo mesma liña, inda que con algún que outro fallo  de mais as do Toffe mantiñan una diferencia no electrónico de 4 puntos, chegando a desperdiciar un 20-16.
            Non foi moi diferente o terceiro set, onde se mantivo a tónica do partido, pero a intensidade das locales baixou un chisco, algo comprensible dado a falta de experiencia da plantilla neste tipos de partidos, que terminou cun 22-25 para as do Lerez, que provocou que xa no 4º decaeran un pouco os folgos, facilitando o xogo das visitantes que se manteñen colíderes con 4 partidos gañados nos que solo perderon un set contra as rianxeiras.
            Desta mañeira as rianxeiras encóntranse 9º na clasificación con un punto e un partido menos, pero dando una sensacións de mellora partido a partido que a este paso en breves conseguirase transformar en victorias.
           
            Polo toffe xogou: Carla, Mariana, Noelia, Paula, Alex e Andrea, como libero Verónica e tamén participaron Sara e Ana

No hay comentarios:

Publicar un comentario