martes, 27 de noviembre de 2012

Terceira victoria consecutiva


O voleibol toffe equipo da 2ª división feminina consigueu este fin de semana a sua terceira victoria consecutiva da tempada, esta vez contra un dos equipos da parte alta da clasificación, o Ellael Vigovoley por un resultado de 3-0 (25-21, 25-14, 25-16) que como demostran os parciais, foi más comodo do que esperaba nun primeiro momento o cuadro rianxiero.
As locais empezaron o encontro con calma, de menos a mais e sen agobiarse, sabendo que terían que pelexar punto a punto para gañar a un rival teóricamente superior. Pero o bo facer das rianxeiras, tanto en recepción coma en defensa e moi atinadas en accións de ataque realizando poucos fallos conduceunas a unha victoria nun principio inesperada, pero mais que merecida. Polo Voleibol toffe xogaron: Mariana, Noelia, Paula, Carla, Alejandra, Andrea, Vero (líbero) Sara, Ana e Cristina
Desta forma as rianxeiras sitúanse 6º na clasificación con 11 puntos, e sen conformarse intentarán buscar a victoria contra un dos equipos aspirantes o título da 2ªA que polo momento non suma ningunha derrota o UDC Autos Rico, o próximo sábado as 11:00 no municipal de Rianxo

domingo, 4 de noviembre de 2012

Derrota en Coruña

Chegaba o voleibol Toffe disposto a facer un bo papel en terras herculinas, pero non puido ser, o equipo rianxeiro caeu ante o actual campión de liga por un claro 3-0 (25-8, 25-10, 25-20) .
O partido comezou con retraso por problemas loxísticos e as rianxeiras non chegaron a entrar no partido, con numerosos fallos en todas as facetas do xogo. Xa no segundo parecía que queríamos cambiar a cara, pero nos momentos que se fixeron ben as cousas o equipo local claramente superior, impedia materializar os puntos. O últimos set foi algo do que se esperaba do equipo, sen tantos fallos parvos e con algo mais de garra as do Toffe deron a cara que fixo que chegaran igualadas ata o 16-18, onde finalmente se perdeu.
Ahora a preparar o próximo partido ante Dompa Gestión o próximo sabado en Rianxo, onde esperemos regresar a senda que estabamos labrando dende o inicio da campaña, cunha progresión mais que visible partido a partido que nn tardará moito en darnos a primeira alegría en forma de victoria!!

Animo a todas!!

sábado, 3 de noviembre de 2012

4ª Xornada:

Nesta cuarta xornada as xogadoras do Toffe desplázanse a Coruña, para medirse ó Zalaeta, o actual campión de liga de 2ªA.
O partido esta programado para as 12:00 da mañan do domingo no pabillón do instituto de Zalaeta.
Sorte rapazas!!

Voleibol Toffe 1-3 Comercial Durán Pontevedra (27-25, 23-25, 22-25,15-25)


Terceiro partido e tarceira derrota do voleibol toffe de Rianxo, nesta nova categoría que as rapazas de Rianxo estrenan despois de ascender a tempada pasada.
            As Rianxeiras comenzaron o partido moi enchufadas, cunha defensa moi ordenada e mantendo unha tensión durante todo o set que fixo que se impuxeran 27-25. O segundo set seguía polo mesma liña, inda que con algún que outro fallo  de mais as do Toffe mantiñan una diferencia no electrónico de 4 puntos, chegando a desperdiciar un 20-16.
            Non foi moi diferente o terceiro set, onde se mantivo a tónica do partido, pero a intensidade das locales baixou un chisco, algo comprensible dado a falta de experiencia da plantilla neste tipos de partidos, que terminou cun 22-25 para as do Lerez, que provocou que xa no 4º decaeran un pouco os folgos, facilitando o xogo das visitantes que se manteñen colíderes con 4 partidos gañados nos que solo perderon un set contra as rianxeiras.
            Desta mañeira as rianxeiras encóntranse 9º na clasificación con un punto e un partido menos, pero dando una sensacións de mellora partido a partido que a este paso en breves conseguirase transformar en victorias.
           
            Polo toffe xogou: Carla, Mariana, Noelia, Paula, Alex e Andrea, como libero Verónica e tamén participaron Sara e Ana

domingo, 14 de octubre de 2012

Arrancamos

Equipo que logrou o ascenso a tempada pasada
Hola a todos:
 Iniciamos esta páxina saudando a todos os afeccionados ó voleibol, e en concreto aos do Voleibol Toffe.
 Somos un equipo nacido no ano 2010 no municipio de Rianxo, co propósito de crear un equipo de voleibol feminino de categoría senior, que actualemente milita na 2ºA feminina despois de ascender a tempada pasada.
 Este ano pelexaremos por manternos na categoría cunha plantilla un tanto inexperta nesta nova división,  pero con moitas gañas de facelo ben e sobre todo aprender, e disfrutar...

Departe do Voleibol Toffe un saudo. Informaremosvos da nosa actualidade dende o blog e facebook, estamos a traballar neso.