domingo, 4 de noviembre de 2012

Derrota en Coruña

Chegaba o voleibol Toffe disposto a facer un bo papel en terras herculinas, pero non puido ser, o equipo rianxeiro caeu ante o actual campión de liga por un claro 3-0 (25-8, 25-10, 25-20) .
O partido comezou con retraso por problemas loxísticos e as rianxeiras non chegaron a entrar no partido, con numerosos fallos en todas as facetas do xogo. Xa no segundo parecía que queríamos cambiar a cara, pero nos momentos que se fixeron ben as cousas o equipo local claramente superior, impedia materializar os puntos. O últimos set foi algo do que se esperaba do equipo, sen tantos fallos parvos e con algo mais de garra as do Toffe deron a cara que fixo que chegaran igualadas ata o 16-18, onde finalmente se perdeu.
Ahora a preparar o próximo partido ante Dompa Gestión o próximo sabado en Rianxo, onde esperemos regresar a senda que estabamos labrando dende o inicio da campaña, cunha progresión mais que visible partido a partido que nn tardará moito en darnos a primeira alegría en forma de victoria!!

Animo a todas!!

1 comentario:

  1. Ana Vidal Fungueiriño5 de noviembre de 2012, 6:23

    vamos raparigas que esta semana xa me incorporo eu media recuperada da miña gastroenterite... Vémonos o venres!!!!

    ResponderEliminar