martes, 27 de noviembre de 2012

Terceira victoria consecutiva


O voleibol toffe equipo da 2ª división feminina consigueu este fin de semana a sua terceira victoria consecutiva da tempada, esta vez contra un dos equipos da parte alta da clasificación, o Ellael Vigovoley por un resultado de 3-0 (25-21, 25-14, 25-16) que como demostran os parciais, foi más comodo do que esperaba nun primeiro momento o cuadro rianxiero.
As locais empezaron o encontro con calma, de menos a mais e sen agobiarse, sabendo que terían que pelexar punto a punto para gañar a un rival teóricamente superior. Pero o bo facer das rianxeiras, tanto en recepción coma en defensa e moi atinadas en accións de ataque realizando poucos fallos conduceunas a unha victoria nun principio inesperada, pero mais que merecida. Polo Voleibol toffe xogaron: Mariana, Noelia, Paula, Carla, Alejandra, Andrea, Vero (líbero) Sara, Ana e Cristina
Desta forma as rianxeiras sitúanse 6º na clasificación con 11 puntos, e sen conformarse intentarán buscar a victoria contra un dos equipos aspirantes o título da 2ªA que polo momento non suma ningunha derrota o UDC Autos Rico, o próximo sábado as 11:00 no municipal de Rianxo

No hay comentarios:

Publicar un comentario